Pasar al contenido principal

Acto académico na honra de San Raimundo de Peñafort, patrón de Dereito

23.01.2023 | 11.30h

Salón de Graos

A lección maxistral correrá a cargo de Mariano Rajoy baixo o título 'Los populismos y el futuro de Europa'

O acto contará coa entrega de diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022 do Grao en Dereito e do Grao en Criminoloxía. FOTO: Santi Alvite
O acto contará coa entrega de diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022 do Grao en Dereito e do Grao en Criminoloxía. FOTO: Santi Alvite

O reitor Antonio López preside este luns, 23 de xaneiro, o acto institucional co gallo da festividade de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade de Dereito. A lección maxistral correrá a cargo de Mariano Rajoy baixo o título 'Los populismos y el futuro de Europa'. Tamén asistirá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e Fernando Suanzes Pérez, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza.

O acto comezará ás 11.30 horas, no Salón de Graos, coa lectura por parte da secretaria do centro, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, da Memoria de actividades da Facultade correspondente aos cursos 2019/2020, 2020/2021 e 2021/2022. A sesión servirá tamén para render tributo a profesorado do centro a través da entrega das insignias da Facultade que este ano distinguen a Consuelo Ferreiro Regueiro, Javier Maseda Rodríguez, Miguel Abel Souto, o reitor Antonio López Díaz, Lourdes Mella Méndez, Alba Nogueira López, Ana Mª Gude Fernández, Santiago Bernardo Brage Cendán e José Caamaño Alegre con motivo dos seus 25 anos de servizo.

A entrega de diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022 do Grao en Dereito e do Grao en Criminoloxía dará paso á intervención da decana Ana Gude Fernández. O reitor clausurará o acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.01.2023.