Pasar al contenido principal

Obradoiro

Como solicitar un contrato predoutoral e non morrer no intento

08.02.2023 | 19.00h

Santiago de Compostela
Aula 8

Actividade das II Xornadas de Investigación Predoutoral do Departamento de Historia da Arte

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

O martes 7 de febreiro a Facultade de Xeografía e Historia acollerá o primeiro dos obradoiros enmarcados nas II Xornadas de Investigación Predoutoral do Departamento de Historia da Arte.  Baixo o título 'Como solicitar un contrato predoutoral e non morrer no intento', a actividade inaugúrase ás 19.00 na Aula 8 coas intervencións do decano do centro, Marco Virgilio García Quintela; do director do Departamento de Historia da Arte, Federico López SIlvestre; e da coordinadora do comité organizador das II Xornadas IPDHA, Laura Calvo Gens. 

No obradoiro participarán Xosé Ramón Cisneros, beneficiario das 'Axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU)'; Jennifer Novoa Domínguez, beneficiaria das 'Axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia'; Sabela Valcárcel Lago, beneficiaria da 'Convocatoria de contratos predoutorais USC-Banco Santander', e Ilduara Vicente Franqueira, beneficiaria das 'Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutoras/es (FPI)'. As súas intervencións serán moderadas por Ana Pérez Varela, profesora axudante doutora da área de Historia da Arte e investigadora do grupo Iacobus. 

A asistencia é de balde, e certificarase se se cursa inscrición previa.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.02.2023.