Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

Ágora

01.03.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Sala de descanso

Unha nova vaga de 'Conversas con Shakespeare' acende a reflexión e o debate arredor dos textos do autor nas aulas e espazos da USC


Faíscas Culturais acende a reflexión e o debate arredor de Shakespeare nas aulas e espazos da USC
Faíscas Culturais acende a reflexión e o debate arredor de Shakespeare nas aulas e espazos da USC

O programa 'Faíscas Culturais' leva á Biblioteca Concepción Arenal unha nova conversa arredor da última produción do Centro Dramático Galego (CDG) Shakespeare en Roma. Baixo o título 'Ágora', técese un faladoiro que nos permitirá coñecer máis polo miúdo as distintas facetas desta creación teatral que ofrece unha versión concentrada dos textos, Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coroliano (1609) nos que xenio inglés sitúa a acción no Imperio Romano para, desde o seu tempo, reflexionar sobre o poder.

José Francisco Méndez García é o encargado de coordinar esta sesión aberta á comunidade universitaria que se desenvolverá na sala de descanso na biblioteca o 1 de marzo ás 17.00 horas.

Shakespeare en Roma

O espectáculo Shakespeare en Roma nace como una oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o periodo Isabelino e a Roma Clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes.

Con dirección de Rui Madeira, María Barcala, Xúlio Lago, Sara Rey e Quico Cadaval, poranse en escena versións destiladas das catro pezas a través do ollar de catro dramaturgos e dramaturgas. Versións condensadas en 35 minutos cos que compartir co público de hoxe a reescrita dos textos shakespearianos co foco posto nalgunha das personaxes secundarias presentes nos orixinais.

As catro pezas poranse en escena en no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela para achegar ao público ao ambiente isabelino no que se escribiron os orixinais. Un xogo escénico no que oito intérpretes darán vida ás diferentes personaxes nunha posta en escena de proximidade.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2023.