As solicitudes de admisión en mestrados oficiais para alumnado alleo ao EEES poden realizarse ata o 14 de abril

A convocatoria anticipada de admisión a estudos de mestrado oficial para alumnado con titulacións de acceso de sistemas alleos ao espazo europeo de educación superior para o curso 2023-24 permanece aberta. As solicitudes de admisión poden realizarse a través da secretaría virtual ata o 14 de abril (23.59 horas) de 2023 e incorporando a documentación que se especifica na convocatoria. A admisión farase por orde de solicitude ata completar as prazas dispoñibles. O texto completo e as posteriores modificacións pode consultarse no taboleiro electrónico da USC.
Unha vez recibida a carta de admisión, o alumnado deberá matricularse dentro do prazo fixado na resolución, debendo facer efectivo o pagamento dos prezos que figuran na mesma. O estudantado admitido que non se matricule neste prazo ou non aboe os prezos fixados perderá o seu dereito sobre a praza adxudicada.