Pasar al contenido principal

Profesorado da USC debate sobre cidades e comunidades sostibles na primeira edición da Tribuna de Ames

Detalle do cartel do foro
Detalle do cartel do foro
O reitor Antonio López participará no acto de clausura este venres 24
Santiago de Compostela

Baixo o lema ‘Cidades e comunidades sostibles’, a USC colabora co Concello de Ames na organización da primeira edición da ‘Tribuna de Ames’. Os principais temas a debate están vencellados aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, e, en particular, ao ODS 11, sobre cidades e comunidades sostibles. O reitor Antonio López participará no acto de clausura que se desenvolve este venres 24, ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina, acto que servirá de colofón a toda unha xornada nutrida con relatorios nos que profesorado da USC abordará o eido da sustentabilidade dende diversas perspectivas.

Moderada por Rubén Lois, ás 11.30 horas, dará comezo a mesa redonda ‘Cara a sustentabilidade urbana. Economía, Mobilidade e redución de impactos ambientais’ na que intervirán os profesores da USC Miguel Pazos, Xavier Vence e Victoria Otero. Xunto a eles participarán Helena Madureira da Universidade de Porto e David Ramos da Universidade de Salamanca.

Os profesores da USC Mª José Piñeira, Ismail Irigoy, Cristina Botana e Francisco Durán serán relatores da segunda das mesas redondas, ás 16.30 horas, e que leva por título ‘Cara a unha cidade socialmente xusta e democrática’. Moderada por José Alberto Rio Fernandes da Universidade do Porto, a mesa tamén contará con Fátima Matos da Universidade de Porto e Pedro Chamusca da Universidade do Minho. Os relatorios inaugural e central correrán a cargo de Teresa Sá Marques da Universidade do Porto e Oriol Nel.lo da Universitat Autonóma de Barcelona, respectivamente.

A Tribuna desenvólvese este venres 24
A Tribuna desenvólvese este venres 24
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2023.