Pasar al contenido principal

Conferencia do CiQUS

Detección de microambientes mediante microscopia multiparamétrica e nanoscopia

02.03.2023 | 16.30h

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares promove esta conferencia de Ángel Orte Gutiérrez

Conferencia do CiQUS
Conferencia do CiQUS

O catedrático da Universidade de Granada Ángel Orte Gutiérrez impartirá o vindeiro 2 de marzo a conferencia 'Detección de microambientes mediante microscopia multiparamétrica e nanoscopia'. O relatorio desenvolverase no Sala de Seminarios do CiQUS a partir das 16.30 horas. 

 

Ángel Orte Gutíérrez é licenciado en Química (Universidade de Córdoba, 2000) e doutor con Mención Europea (Universidade de Granada, 2004) na Facultade de Farmacia. Tras catro anos como investigador posdoutoral na Universidade de Cambridge (2005-2008), foi Profesor Axudante Doutor (2009), Profesor Titular (2012) e  Catedrático de Universidade (2018) no Departamento de Física Química. O doutor Orte impartiu cursos de grao e posgrao en todas as titulacións nas que está implicado o Departamento de Química Física, e participou e dirixiu diversos proxectos de innovación docente. É responsable do grupo de investigación de Fotoquímica e Fotobioloxía FQM247, aplicando novas técnicas de espectroscopia e microscopía de fluorescencia, con resolución molecular, ao deseño de sensores intracelulares e estudos biofísicos de relevancia médica. Autor de 80 artigos en revistas internacionais, como Nature, ACS Nano, PNAS e JACS, e de 3 patentes, e investigador principal de varios proxectos de investigación financiados en convocatorias competitivas dos Plans Nacionais e Autonómicos de I+D, así como de proxectos con empresas privadas, fundacións e contratos con empresas, e participante en proxectos do VII Programa Marco e do Programa Horizonte 2020 da UE.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2023.