Un volume de Luisa Ortega que, nesta a súa primeira creación literaria, racha cos esquemas do conto tradicional.

O Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía acollerá o mércores 15 de marzo ás 18.00 horas a presentación do libro El niño que quería ser un baobab, un volume de Luisa Ortega que, nesta a súa primeira creación literaria, racha cos esquemas do conto tradicional.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.
El niño que quería ser un baobab
Un novo principiño naceu e debátese entre a vida das árbores e a súa azarosa existencia intergaláctica. Gulliver Rumpelstiltskin, o protagonista desta historia, aparécesenos con paciencia e sen renderse con facilidade pero non deixa de ser o neno tremendamente ocurrente, obstinado e extravagante que todos podemos ser e quereriamos volver ser. Luisa Ortega nesta primeira creación literaria rompe os esquemas do conto tradicional cunha fantasia que evoca os mellores parágrafos dos grandes autores da literatura universal de aventuras, quizá só superable polos seus increibles ilustracións.
A autora
María Luisa Ortega García naceu o 29 de abril de 1976 en As Pontes. É traballadora social do Servizo Galego de Saúde. Nos últimos anos desenvolveu nas cidades da Coruña e Santiago de Compostela, onde segue a traballar na actualidade.