Pasar al contenido principal

'Cen anos de Josef Švejk'

Café de Linguas Literario

21.03.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Aula A (Ático)

Sesións de conversa en diferentes linguas promovidas polo Centro de Linguas Modernas da USC que se desenvolven todos os martes das 17 ás 18 horas

Jaun Klaus imparte a charla 'Cen anos de Josef Švejk'
Jaun Klaus imparte a charla 'Cen anos de Josef Švejk'

O Café de Linguas do martes 21 de marzo ofrécenos unha ollada á literatura checa.  A partir das 17.00 horas, Jaun Klaus, bolseiro en prácticas do CLM, conduce a sesión 'Cen anos de Josef Švejk', unha conversa arredor da novela checa máis traducida. 

Desta volta, a sesión terá lugar na Sala A do ático da Facultade de Dereito e a aseistencia é libre ata completar a capacidade do espazo.

Como o resto dos Cafés de Linguas promovidos polo CLM, esta actividade busca fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas pero que posúen algo en común: o seu interese na mellora das destrezas orais dunha ou varias linguas estranxeiras e o seu desexo de compartir experiencias e de aprender dos demais, de modo informal, a través de faladoiros e xogos.

Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade de promoción de valores de respecto e tolerancia así como o aprecio pola diversidade de culturas.

Non se trata dunha actividade dirixida polo profesorado do CLM nin regrada e por ese motivo non se obteñen certificacións, nin créditos universitarios ECTS. Para ese fin o CLM ofrece as sesións de conversa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.03.2023.