As dúas creadoras galegas serán as protagonistas da terceira xornada do ciclo impulsado pola profesora en Formación do Profesorado Rocío García Pedreira, xunto co SNL da USC co fin de que o alumnado elabore un videopodcast

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC acolle este martes 28 de marzo, a partir das 17.30 horas, unha nova sesión do videopodcast sobre libros e ilustracións con creadoras galegas ‘Petíscame’, na que participarán como relatoras convidadas as ilustradoras de edicións infantís e cómics Iria Fafián e Nuria Díaz.
O programa ‘Petíscame videopodcast’ é unha iniciativa coordinada pola profesora da área de Didáctica da Lingua e da Literatura Rocío García Pedreira e apoida polo Servizo de Normalización Lingüstíca da USC, a través da que se pretende que o alumnado universitario elabore un videopodcast de divulgación en galego sobre o mundo dos libros e da ilustración.
O ciclo, dirixido especialmente aos preto de 50 estudantes matriculados na materia Literatura e Arte, pero aberto á participación do público interesado, está estruturado en oito sesións, nas que participarán como relatoras outras tantas ilustradoras e creadoras galegas galegas relacionadas co mundo dos álbums ilusrados, cómics e obras literairas dirixidas á infancia e xuventude.