As entradas pódense recoller o mesmo día do concerto a partir das 19.30 horas

Grande Amore chega á Primavera Cultural da USC para presentar 'Pelea', o tema que nos adianta o segundo traballo de Nuno Pico. O seu concerto está programado o xoves 30 de marzo ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade, con acceso de balde. As 250 entradas dispoñibles poderanse recoller o día do concerto a partir das 19.30 horas na entrada do recinto que abrirá ao público ás 20.45 horas.
Pelea
O traballo máis recente de Grande Amore combina sons punk-rock e arranxos electrónicos para evidenciar os demos que perseguen a toda unha xeración. A súa nova aposta musical busca denunciar a situación precaria do panorama actual e a loita constante para sobrelevala sabéndose parte. É unha revolución, unha catarse.
Con produción de Carlangas, as voces deste tema graváronse en Estudio Silencio con Juanjo Reig e a mestura correo ao cargo de Raúl Pérez en La Mina. Conta tamén cun videocliop, dirixido por Xaime Miranda, que podes ver na ligazón.