Pasar al contenido principal

3ª Carreira Virtual Solidaria de Alumni USC

27.05.2023-28.05.2023

Santiago de Compostela e Lugo

As inscricións para esta carreira promovida pola asociación Alumni USC estarán abertas ata o 20 de abril

Imaxe de arquivo da pista de atletismo da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da pista de atletismo da USC. FOTO: Santi Alvite

A fin de semana do 27 e 28 de maio Alumni USC porá en marcha a terceira edición da súa Carreira Virtual Solidaria. Todo o diñeiro recadado mediante as inscricións será destinado a Cáritas Interparroquial de Santiago, causa que Alumni USC xa apoiou noutras iniciativas.

Deberán realizarse 5km, correndo ou camiñando, no lugar e no momento que cada persoa prefira, dentro desa fin de semana. Para poder completala será preciso descargarse a aplicación Rockthesport para que rexistre os pasos realizados  empregando o localizador que cada participante recibirá coa inscrición.

A información sobre o procedemento e prazos de inscrición está dispoñible na web de Alumni USC e pódese solicitar máis información no enderezo electrónico alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es)

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2023.