Pasar al contenido principal

XII Congreso Internacional SUITMA

04.09.2023-07.09.2023

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela acolle o duodécimo encontro internacional deste gruoi de traballo da Unión Internacional de Ciencias do Solo

Cartel da actividade
Cartel da actividade

A duodécima Conferencia sobre Solos de Áreas Urbanas, Industriais, de Tráfico, Mineirais e Militares (SUITMA) desenvolverase do 4 ao 7 de setembro de 2023 en Santiago de Compostela. 

O departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC organiza este encontro no 25 aniversario da creación do Grupo de Traballo da  Unión Internacional de Ciencias do Solo (IUSS, polas súas siglas en inglés) nesta área. 

Os solos están no centro das preocupacións mundiais, como a seguridade alimentaria, o cambio climático e a biodiversidade, e son esenciais para acadar moitos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Porén, as actividades antrópicas alteraron as propiedades e a funcionalidade de moitos solos, especialmente durante o século pasado, ata o punto de que os solos antrópicos mereceron enfoques específicos para o seu estudo. A conferencia SUITMA12 abordará todos os aspectos da investigación sobre clasificación, propiedades, funcionamento e xestión sostible dos solos antropoxénicos.

Máis información na web do encontro.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.08.2023.