Pasar al contenido principal

Seminario

'Corrupción pública e sistema penal: estratexias de prevención e persecución'

13 e 14 de abril

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

Acción integrada dos proxectos de investigación en materia de corrupción pública activos na contorna estatal

Cartel do seminario
Cartel do seminario

O seminario 'Corrupción pública e sistema penal: estratexias de prevención e persecución' desenvolverase na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito do 13 ao 14 de abril. Trátase dunha acción integrada de diversos proxectos de investigación en materia de corrupción da contorna estatal, promovidos pola Universidade de Salamanca, a Universidade Autónoma de Barcelona, a Universidade Pública de Navarra, a Universidade de Alacante, a Universidade Complutense de Madrid, a Universidade das Palmas de Gran Canaria, a Universidade de Granada e a USC. 

Dirixido por Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas,  o encontro arrancará o 13 de abril ás 16.00 horas cunha sesión sobre 'O sistema penal anticorrupción tras a Lei Orgánica 14/2022, de 22 de decembro: liñas de intervención e apuntamentos críticos',  que reunirá a Jordi Casas Hervilla (Secretaría Técnica, FGE), Lorenzo Morillas Cueva (UGR), e Inés Olaizola Nogales (UPNA), e que será moderada por Inma Valeije Álvarez (USC).

A partir das 18.30 horas, Vázquez-Portomeñe moderará a mesa redonda 'Vellos delitos, novos escenarios: nos límites del sistema', que contará coas intervencións de Jesús Barquín Sanz (UGR), Antonio Cardona Barber (UAB), Amparo Martínez Guerra (UCM), Dulce M. Santana Vega (ULPGC) e Santiago B. Brage Cendán (USC). 

A xornada do venres 14 de abril comezará ás 10.00 horas cunha conversa sobre 'A prevención da corrupción e os sus instrumentos: ¿norma/s e/ou cultura/s?', que reunirá a Carlos Aymerich Cano (UDC), Adán Nieto Martín (UCLM), Javier Sánchez Bernal (USAL), e Inma Valeije Álvarez (USC) e que será moderada por Natalia Pérez Rivas (USC). 

A última sesión, ese mesmo día a partir das 12.30 horas, terá por título 'Do Código penal ao proceso penal', contará con José María Asencio Mellado (UA), Ana Carrillo del Teso (USAL), Carlos Castellví Monserrat (UB), Verónica López Yagües (UA), Jesús Martínez Muñoz (UCM), e terá como moderador a Lotario Vilaboy Lois (USC). 

A asistencia ao seminario é libre ata completar a capacidade do espazo. 

 

 

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2023.