Pasar al contenido principal

Campus de Lugo

Debate sobre a relación entre cidade e universidade

13.04.2023 | 19.00h-20.30h

Os grupos políticos con representación nos concellos de Lugo e Santiago de Compostela debaterán nos dous campus sobre cuestións que afecten á vida universitaria.

A Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo acollerá o debate nesta cidade. FOTO: Santi Alvite
A Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo acollerá o debate nesta cidade. FOTO: Santi Alvite

Coa finalidade de atender demanda da comunidade da USC de trasladar as súas cuestións, suxestións e demandas co gallo das eleccións municipais do 28 de maio, os campus de Santiago e Lugo acollerán dous debates entre as persoas candidatas ás alcaldías desa cidades.

O xoves 13 de abril, a partir das 19.00 horas, a Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo acollerá o faladoiro nesa cidade. Moderado polo xornalista Lois Caeiro, e cunha duración de 90 minutos, contará coa participación de PSdeG-PSOE, PP, BNG e Ciudadanos.

O acceso para asistir de xeito presencial ao evento será libre ata completar a capacidade do espazo e tambén haberá retransmisión en directo a través canle oficial de YouTube da USC.

Sigue o debate en directo

Estrutura do debate

Os debates estarán estruturados en catro bloques. Logo dunha presentación xeral a cargo da persoa moderadora, a primeira parte dos debates xirará arredor da relación institucional, é dicir, propostas para a simplificación das relacións institucionais no eido da xestión entre administracións e para a dinamización da relación entre tecido empresarial, cidade e universidade. A continuación, o faladoiro pasará a abordar propostas de convivencia dos desprazamentos da comunidade universitaria, dende unha perspectiva sustentable, cos plans de mobilidade da cidade.

A vivenda será o eixo sobre o que se artellará o terceiro dos bloques. Así os e as representantes poderán profundar en propostas para facilitar acceso á vivenda de aluguer na cidade nun contexto onde os domicilios destinados a outros usos fan diminuír, substancialmente, a oferta e obrigan aos estudantes a buscar outras opcións.

Finalmente, o debate pecharase cunha quenda libre no que cada participante poderá cerrar a súa intervención facendo un resumo de propostas. Ademais, repartiranse papeis ás persoas asistentes para que poidan escribir as súas preguntas, que formulará o moderador nunha rolda aberta de quince minutos. En cada un dos bloques, cada intervención individual terá unha duración de tres minutos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2023.