Pasar al contenido principal

Abertos os prazos para o programa de formación do Espazo de Danza da USC en Santiago e Lugo

Abertos os prazos para o programa de formación do Espazo de Danza da USC en Santiago e Lugo
Abertos os prazos para o programa de formación do Espazo de Danza da USC en Santiago e Lugo

O Espazo de Danza da USC mantén abertos os prazos para matricularse en diversos cursos a desenvolver neste ano académico, todos recoñecidos con créditos ECTS. Como novidade, este ano incorpórase a oferta en Compostela un curso de pandeireta e outro de tango-danza.

En Santiago, a eses dous hai que sumarlle os de danza contemporánea (iniciación e continuación-II), danza tradicional galega, danza latina e internacional de danza latina. En Lugo o programa de formación contempla cursos de danza contemporánea, danza e ioga dinámico, danza creativa, danza oriental e danza latina.

Compañía de Danza O Espazo de Danza mantén aínda aberto tamén o prazo para participar nas dúas Compañías de Danza da USC (Santiago e Lugo) e o programa de axudas para a creación e producción coreográfica.

A compañía de danza universitaria da USC dedícase á creación e investigación do movemento e á composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, o que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ante o público. A proposta final será o froito do traballo no curso II de danza contemporánea utilizando material traballado e a posta en común de propostas do alumnado.

Para formar parte da compañía é requisito participar no Curso II de Danza Contemporánea ou ter pertencido a ela en anos anteriores. A intervención na compañía será de outubro a maio, cando comezan as saídas a encontros, festivais e a propia participación no 17º Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC.

Para matricularse ou acadar máis información sobre toda a oferta, as persoas interesadas poden dirixirse, en Santiago, á Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos na Casa da Balconada (Rúa Nova, 6) nos teléfonos 881 811 018 / 881 811 318 ou area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es) , e en Lugo ao Pazo de Montenegro (Praciña da Universidade) nos teléfonos 982 821 510 / 982 821 513 ou cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.09.2018.