Pasar al contenido principal

Alumni USC estrea nova directiva

Parte da nova directiva de Alumni
Parte da nova directiva de Alumni
Encabeza o novo equipo de dirección a súa presidenta Eva López Barrio
Santiago de Compostela

A asociación Alumni USC conta con nova directiva que encabezará nos próximos anos Eva López Barrio, a súa nova presidenta. O novo equipo acaba de celebrar a súa primeira xuntanza na que analizou as directrices a seguir para o período 2023-2027. Neste senso, na reunión quedou constancia da vontade do novo equipo por continuar coas actividades e proxectos que xa viña desenvolvendo a asociación así como desenvolver iniciativas orientadas á empregabilidade das persoas máis novas na comunidade autónoma. Ademais, na mesma xuntanza Eva López agradeceu o traballo do anterior equipo e tivo unha particular lembranza para a presidenta de honra da asociación, Benita Silva, recentemente falecida.

O novo equipo directivo de Alumni USC está conformado ademais por Luisa Rivas García, como vicepresidenta; Carme Casado Casado, secretaria; Enrique López Lorenzana, tesoureiro; e Ariana Fernández Palomo, Igor Mella Núñez, José A. Pardiñas García, Juan C. Cobas Gómez, Loreto Fernández Fernández, María Curros Ferro, Modesto Gómez Rodríguez, Teresa Bouzada Gil e Víctor A. García Dopico, como vogais.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2023.