Santiago de Compostela
Sala de Profesores (Xeografía e Historia) e Salón de Actos (Filosofía)
O Grupo de Investigación Historia Moderna da USC organiza este encontro aberto á comunidade investigadora e estudantil

O Coloquio internacional 'Baixo o mesmo sol en terras estrañas. Migración intrapeninsular galega e portuguesa (séculos XVI-XIX)' desenvolverase os días 20 e 21 de abril de 2023 na Facultade de Xeografía e Historia e na Facultade de Filosofía da USC. Este encontro científico, que está coordinado por Domingo L. González Lopo e Ana M. Sixto Barcia, reunirá en Compostela especialistas de diferentes disciplinas na contorna internacional arredor deste tópico de interese común.
O coloquio está aberto á comunidade investigadora e estudantil da USC. Neste senso, entregarase un diploma de asistencia aos estudantes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia del Arte, por acordo da CAPD do 10 de abril de 2023, e do mestrado universitario en historia moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII da USC, así como a outros interesados , cun valor lectivo de 10 horas. As inscricións deben ser realizadas a través de correo electrónico enviado a o enderezo anam.sixto [at] usc.es (anam[dot]sixto[at]usc[dot]es)
O Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) da Universidade de Santiago de Compostela organiza e financia este encontro que conta co apoio do Proxecto 'Españois en Portugal (1715-1868): emigración laboral e exilios políticos' (PID2021-123476NB-100) e da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da USC.
Máis información na web do Grupo de Historia Moderna.