Pasar al contenido principal

Ciclo Pasados Incómodos

'Cruces de Memoria e Esquecemento: os monumentos aos caídos e a memoria da Guerra Civil española (1936-2022)'

20.04.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula 8

Unha conferencia de Miguel Ángel del Arco Blanco, profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Granada

Conferencia de Miguel Ángel del Arco no ciclo Pasados Incómodos do grupo Histagra
Conferencia de Miguel Ángel del Arco no ciclo Pasados Incómodos do grupo Histagra

O Grupo de investigación Histagra programa unha nova sesión de conferencias do Ciclo Pasados Incómodos. Miguel Ángel del Arco Blanco, profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Granada ofrecerá o relatorio 'Cruces de Memoria e Esquecemento: os monumentos aos caídos e a memoria da guerra civil española (1936-2022)', baseado no seu recente traballo Cruces de memoria y olvido. Los monumentos a los caídos de la guerra civil española (1936-2021), publicado pola editorial Crítica en  2022.

A conferencia terá lugar o xoves 20 de abril ás 12 horas na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia con acceso libre ata completar a capacidade da sala e tamén poderá seguirse en liña a través de MS TEAMS.

 

Miguel Ángel del Arco Blanco

Doutor en Historia pola Universidad de Granada, e actualmente é profesor titular de Historia Contemporánea na mesma universidade. As súas investigacións ocúpanse da historia de España no contexto da Europa de entreguerras, fundamentalmente da guerra civil, o franquismo e o fascismo. Tamén se ten ocupado da memoria das ditaduras, centrándose no caso do franquismo e prestando especial atención á represión socioeconómica e cultural. Ten publicado en revistas científicas como European History Quarterly, Contemporary European History, International Journal of Iberian Studies, Ayer, Historia Agraria ou Historia Social. Entre os seus traballos destacamos Las Alas del Ave Fénix. La política agraria del primer franquismo (Comares, 2005); Hambre de Siglos. Mundo rural y apoyos sociales del franquismo en Andalucía oriental (Comares, 2007); con Alejandro Quiroga (Eds.), Right Wing Spain in the Civil War Era: Soldiers of God and Apostles of the Fatherland, 1914-45 (Continuum, 2012); Mass Killings and Violence in Spain, 1936-52. Grappling with the Past (Routledge, 2014); Los años del hambre. Historia y memoria de la posguerra franquista (Marcial Pons, 2020); Franco's Famine. Disease, Malnutrition and Starvation in Post-Civil War Spain (Bloomsbury, 2021); Cruces de memoria y olvido. Los monumentos a los caídos de la guerra civil española (1936-2021) (Crítoca, 2022). Foi o IP do proxecto “La hambruna española: causas, desarrollo, consecuencias y memoria (1939-1952)” (HAMBRUNA) e galardoado coa bolsa Leonardo da Fundación BBVA: “La hambruna silenciada del franquismo (1939-1952)”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2023.