Pasar al contenido principal

Cultura en Mazarelos

'Arte e experimentación nos desenvolvementos tecnolóxicos e robóticos'

19.04.2023 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Ricardo Iglesias García, artista e profesora da UCM, ofrece este relatorio promovido pola Facultade de Filosofia

Cartel da actividade
Cartel da actividade

A interacción co público e coa contorna a través da arte centra un nova conferencia do programa 'Cultura en Mazarelos' que organiza a Facultade de Filosofía da USC. O próximo mércores 19 de abril, ás 18.00 horas, o artista e profesor da Universidade Complutense de Madrid Ricardo Iglesias García impartirá o relatorio 'Arte e experimentación nos desenvolvementos tecnolóxicos e robóticos'. A sesión desenvolverase no Salón de Actos con acceso libre. 

Arte e experimentación nos desenvolvementos tecnolóxicos e robóticos

Coas novas tecnoloxías, as artes excederon a súa condición clásica de 'obxecto a contemplar' e adentráronse no terreo da interacción directa co público e a contorna, cos que constrúen novas linguaxes e novos obxectos estéticos. O relatorio explora diversas potencialidades que a robótica representa para o futuro das artes. Mediante un percorrido histórico, literario e estético, introdúcense diferentes propostas teóricas e prácticas realizadas por artistas desde os primeiros autómatas do século XVIII ata os últimos cyborgs. Tamén se comentan algúns dos traballos persoais realizados nestes ámbitos.
 

Ricardo Iglesias García é autor do libro Arte y robótica: La tecnología como experimentación estética (Casimiro, 2016) que lle valeu o III Premio Internacional de Ensayo MADATAC. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2023.