Pasar al contenido principal

Tribuna Aberta

'Futuros da Casa da Xuventude'

20.04.2023 | 19.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

O Grupo Ante da USC promove este debate aberto coas persoas candidatas ás eleccións municipais en Santiago de Compostela

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O Seminario de Futuros Urbanos do Grupo de investigación ANTE da USC organiza o xoves día 20 de abril ás 19.00 horas un debate público coas persoas candidatas á alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e coa participación de entidades socioculturais e veciñanzas. A sesión, de 90 minutos de duración contará coas intervencións de representantes de PSdeG-PSOE, PP, CA e BNG, que serán moderadas por Rubén Lois.

O encontro desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia e tratará sobre os futuros posibles do edificio da Casa da Xuventude, unha peza chave na conexión urbana do parque de Belvís coa Cidade Vella a través do vector esencial da Virxe da Cerca, sobre a que existen distintas propostas de intervención. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala.

O Seminario de Futuros Urbanos é un dispositivo para a reflexión urbana colectiva, comprometido coa creación de espazos de encontro e discusión que permitan imaxinar futuros urbanos máis sustentábeis e inclusivos. Atendendo ao contexto preelectoral que, no mes de maio, decidirá o próximo goberno municipal de Santiago de Compostela, o Seminario acolle esta tribuna pública aberta a toda a cidadanía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.04.2023.