Pasar al contenido principal

CineFilo

Proxección de 'Sueño en otro idioma'

09.05.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Un filme de Ernesto Contreras

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O club de cinema da Facultade de Filoloxía programa o martes día 9 de maio  ás 17.00 h a proxección en VO do filme Sueño en otro idioma, do cineasta mexicano Ernesto Contreras á que seguirá un coloquio aberto co público. Esta será a última sesión do proxecto colectivo cultural CineFilo no curso 2022-2023, e contará coa presenza do equipo decanal e coa participación do acordeonista T.C. Costello, que amenizará a sesión con música de bandas sonoras. Ademais, para quen se achegue haberá un sorteo de 5 códigos filmin dun mes por cortesía da Área de Filoloxía Catalá.  

A sesión,  desenvolverase no Salón de Actos do centro con acceso libre ata completar capacidade.

Cine Filo

Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos) e coordinado pola Área de Filoloxía Catalá, o cineclub quere ser un punto de encontro a través do cine das linguas e culturas que se ofrecen na facultade, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade e veciñanza.

A programación deste primeiro ciclo (xaneiro-maio 2023) consta de 9 filmes que contan con presentación, un coloquio posterior e, eventualmente, a presenza de directoras e membros do equipo técnico. A actividade é aberta e de balde, e terá lugar quincenalmente os martes ás 17.00 h no Salón de Actos do centro. O seu seguimento estará recoñecido pola Facultade de Filoloxía como formación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2023.