Pasar al contenido principal

Seminario

'Amnistía, lugares de memoria e réximes de historicidade: perspectivas comparadas'

20.04.2023 | 18.00h

Trátase da terceira sesión deste seminario promovido polos grupos Síncrisis e Histagra da USC en colaboración coa Université de Namur

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle o xoves 20 de abril ás 18.00 horas unha nova sesión do Seminario 'Amnistía, lugares de memoria e réximes de historicidade: perspectivas comparadas', un encontro coordinado por Nerea Terceiro Sanmartín (Université de Namur) e Antonio Míguez Macho (USC) coa colaboración de Marco V. García Quintela (USC) e José Carlos Sánchez Pardo (USC).

Desta volta, pártese do concepto de Lieux de Mémoire (lugares de memoria), para explorar como as memorias se articulan en torno a lugares, obxectos ou diversas materialidades que son lembradas, esquecidas, creadas,  ou destruídas.  Dende esa premisa, Pedro López Barja de Quiroga afondará nas 'Memorias enfrontadas na guerra civil de César', Antonio Míguez Macho abordará os 'Lugares da memoria republicana, franquista, democrática' e José Carlos Sánchez Pardo tratará sobre 'Construír a memoria (e o olvido) na Galicia altomedieval'. 

A sesión desenvolverase na Aula 5 da Facultade e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2023.