Pasar al contenido principal

Festa do libro

24.04.2023 | 10.00h

Santiago de Compostela

Co gallo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, son varios os centros da USC que desenvolven actividades conmemorativas

Cartel da Festa do Libro
Cartel da Festa do Libro

Dies Librorum. Micro aberto na Facultade de Filoloxía 

O alumnado de Filoloxía Clásica convida a toda a comunidade a compartir e a gozar da literatura e das moitas linguas que se escoitan nos corredores e nas aulas da Facultade. Cara a ese fin, durante toda a mañá do luns 24 de abril  toda aquelas persoas que queiran achegarse a ler textos propios ou alleos en calquera lingua terán ao seu dispor un atril e un micrófono na entrada o do centro.

Micro-recitais

Ao longo desa maná, os cambios de clase na Facultade de Filoloxía serán amenizados con recitais breves de estudantes e docentes que se asegurarán de  facer soar todas as linguas que lles sexa posible. 

Laboratorios bibliotecarios

As Bibliotecas das Facultades de Filoloxía e Ciencias da Comunicación súmanse tamén  á Festa do Libro e artellan un laboratorio de bibliotecas que  se abre á cidadanía o  luns 24 de abril de 10.00 a 13.00 horas para reflexionar e compartir recursos que promovan a participación da veciñanza. Asi, os soportais da Facultade de Filoloxía viran nun espazo de encontro para reunir a través da palabra escrita os barrios  Vista Alegre e Vite e a comunidade universitaria. Intercambio de libros, conversas e recitais para festexar a literatura. 

A actividade conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Consello do  Estudantado da USC, o CEIP Plurilingüe de Vite e as editoriais Rinoceronte, Aira e Cuarto de Inverno.

Dies Librorum
Dies Librorum
Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2023.