Pasar al contenido principal

Xeoloxía e cuarzo no Pico Sacro

22.04.2023 | 10.30h

Pico Sacro
Santiago de Compostela

Saída de campo ao abeiro do proxecto de divulgación científica da investigación mineralóxica 'Minerais. Ver o invisible'

Visita ao Pico Sacro
Visita ao Pico Sacro

A Área de Infraestruturas de Investigación (RIAIDT) e o Museo Historia Natural da USC promoven unha nova saída ao campo de divulgación científica este sábado 22 de Abril. Trátase dunha visita xeolóxica guiada polo Pico Sacro para coñecer a contorna deste lugar emblemático da bisbarra de Santiago.

O xeólogo Francisco Canosa guiará esta expedición que partirá ás 10.30 horas dende o Pavillón de Lestedo e que terá como primeira parada o cumio do Pico Sacro para tratar da súa orixe xeolóxica, da presenza dun sistema de covas único na Terra e da formación do filón de seixo. De seguido, visitarase Ponte Ulla, para admirar o canon creado polo río e entender o seu proceso de formación.

A visita está orientada a persoas adultas e é de balde previa inscrición na web da RIAIDT. Se se inscriben menores de idade deben ir sempre acompañados dunha persoa adulta ao cargo. 

A actividade conta con financiamento do Consello Social da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2023.