Pasar al contenido principal

Café concerto de El Chico López

24/04/2023 - 20.30 horas

Cafetería de Veterinaria

A actuación do artista arxentino afincado en Sarria comezará ás 20.30 horas na cafetería da Facultade de Veterinaria. A entrada a este evento, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, é libre e de balde para o público interesado.

El Chico López
El Chico López

O artista arxentino afincado en Sarria El Chico López ofrece este luns 24 de abril, a partir das 20.30 horas, na cafetería da Facultade de Veterinaria, un café concerto no marco do que interpretará algunhas das últimas composicións incorporadas ao seu repertorio.

A actuación de El Chico López servirá de colofón da primeira sesión dos ‘Encontros de Lúa Minguante’ e está organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, un programa xestionado pola USC e que tamén recibe financiamento do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.04.2023.