Santiago de Compostela
A USC participa en oito proxectos de investigación ao abeiro destes programas da Xunta de Galicia que contan con fondos FEDER que que suman un financiamento total de 875.000 euros

A USC organiza o vindeiro martes 25 de abril un evento para presentar as conclusións dos proxectos concedidos nas convocatorias de Rescate ISCIII e GAIN Conecta COVID, estas con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O persoal investigador da USC participou con éxito nestas convocatorias e puxeron en marcha oito proxectos de investigación que alcanzaron o unha financiación de 875.000 euros.
O evento celebrarase no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) ás 11.00 horas e contará coa presenza de Vicente Pérez Muñuzuri, vicerreitor de Política Científica da USC, de Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Investigación (GAIN), e do persoal investigador beneficiario das axudas. O acto está aberto a quen desexe asistir, previa confirmación a través da Vicerreitoría de Política Científica (vr.cientifica [at] usc.gal (vr[dot]cientifica[at]usc[dot]gal)).