Pasar al contenido principal

‘Pera’ e ‘Miñoca’, as dúas propostas audiovisuais galardoadas no III Findecurta, que repartiu tres accésits entre as 12 candidaturas

Bruno Máez, Elena Seijo e Andrés Goteira, antes do visionado das curtas presentadas a concurso
Bruno Máez, Elena Seijo e Andrés Goteira, antes do visionado das curtas presentadas a concurso
Andrés Goteira e Elena Seijo formaron o xurado dun certame no que participaron máis de 150 persoas distribuídas nunha ducia de equipos

As curtas ‘Pera’, realizada polo equipo Flaures, e ‘Miñoca’, de 9 Sentidos, acadaron, respectivamente, os premios do xurado e do público da terceira edición do certame audiovisual 'Findecurta', unha iniciativa programada ao abeiro do convenio Lugo Cultural para servir de impulso a novos creadores audiovisuais.

O director de cine meirego Andrés Goteira e a actriz Elena Seijo integraron a nómina de membros do xurado encargado de fallar a proposta gañadora do III Findecurta, unha iniciativa cultural coordinada por Bruno Máez na que tomaron parte máis de 150 persoas procedentes de distintas localidades de Galicia. Este certame audiovisual rematou coa proxección pública de 12 obras audiovisuais galegas e en galego no marco dunha concorrida velada celebrada na luguesa Praza de Santa María.

A peza ‘Peras’, que se fixo co premio do xurado, obtivo unha gratificación en metálico de 500 euros, e, do mesmo xeito que a curta máis valorada polo público, ‘Miñoca’ competirá na sección de curtas na próxima edición da Semana de Cine de Autor (SICA) De Lugo, que se desenvolverá en outono.

O elevado número de propostas audiovisuais presentadas a concurso e a calidade das mesmas fixo que a organización acordara repartir tres accésits entre o resto dos participantes. Así, a peza ‘ Intres’, realizada por Down Lugo recibiu unha destas distincións, unha mención coa que se recoñece o labor de integración desenvolvido coa súa participación no certame.

Os outros dos accésits do III Findecurta foron para os integrantes do equipo 9 Sentidos, pola orixinalidade temática plasmada na curta ‘Miñoca’, e para Zihuatanejo, en recoñecemento da calidade do guión da peza presentada baixo o título ‘As visitadoras’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.05.2018.