Pasar al contenido principal

Encontros Americanos na Granell

'A CIA en América Latina'

26.04.2023 | 19.00h

Santiago de Compostela

Manuel de la Iglesia Caruncho ofrece un novo relatorio desta serie buscan ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O grupo de Historia de América da USC (HistAmérica) organiza na Fundación Eugenio Granell un ciclo de conferencias mensuais coa finalidade de ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América. Neste marco, o profesor e investigador da Universidade Complutense de Madrid Manuel de la Iglesia Caruncho imparte o mércores 26 de abril ás 19.00 horas o relatorio 'A CIA en América Latina', que afonda na influencia da axencia estadounidense no devir dos países do continente.

As intervencións de Estados Unidos en América Latina en décadas pasadas son ata certo punto coñecidas, aínda que paga a pena revisalas e tratar así de adiviñar o seu papel en acontecementos máis recentes, como os cambios experimentados na derradeira década por algúns gobernos de distintos países da rexión. Isto conduce a outra pregunta: Que pode traerse agora entre mans a CIA en América Latina? 

A asistencia ao Encontro é libre ata completar capacidade.

Manuel de la Iglesia Caruncho

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor convidado na Universidade da Habana e no Instituto de Estudos de Desenvolvemento da Universidade de Sussex. Traballou coa Cooperación Española en Madrid e, durante case quince anos, en Nicaragua, Honduras, Cuba e Uruguai. Ademais de escribir varios libros como narrador e ensaísta, colabora habitualmente co medio dixital Mundiario, a revista de Wall Street International e Confidencial de Nicaragua; e ocasionalmente coa revista dixital Bravas, o semanario Brecha de Uruguai e a revista cultural centroamericana Carátula

Programa dos Encontros Americanos na Granell

As seguintes datas de celebración de Encontros Americanos na Granell serán os mércores 24 de maio e 21 de xuño, con especialistas de diferentes aspectos da realidade cultural, política e social americana. Logo do parón estival, os Encontros retomarán a súa actividade o mércores 20 de setembro para continuar a súa andaina como programación americanista estable en Compostela. As e os relatores serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade americana nas súas múltiples faceta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2023.