Pasar al contenido principal

Reunión do proxecto 'Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees'

04.05.2023 | 09.30h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

O Grupo Esculca coordina a primeira reunión presencial deste proxecto Erasmus + no que participan as universidades de Galway e Verona e as entidades ACCEM e Glocal Factory

Reunión do proxecto 'Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees'
Reunión do proxecto 'Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees'

O vindeiro xoves 4 de maio terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida a primeira xuntanza presencial do Proxecto Erasmus+ "Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees" [2022-1-ES01-KA220-HED-000087650]. Nesta reunión participarán as Universidades de Galway (Irlanda), Verona (Italia) e as entidades ACCEM (España) e Glocal Factory (Italia),  baixo a coordinación do GI Esculca da USC.

A sesión comezará ás 9.30 horas na Sala de Xuntas da Facultade e nela trazaranse as liñas de traballo para os vindeiros meses. Con este proxecto, a USC traballa en consolidarse como referente estatal e internacional na investigación, difusión e consolidación da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo. Neste caso, ademais, camiña na  intervención con persoas migrantes e refuxiadas, o cal ratifica o compromiso social desta praxis pedagóxica. 

Para máis información pódese consultar a web do proxecto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.05.2023.