Pasar al contenido principal

O parque do Colexio de Fonseca abrirá as súas portas ao proxecto literario do ‘Xardín das pedras que falan’

O xardín do Colexio de Fonseca acolle o próximo luns día 14 ás 12.30 horas a inauguración do proxecto literario ‘Xardín das pedras que falan’, unha colaboración entre a USC e o Concello de Santiago. A iniciativa ten como obxectivo crear unha espiral con diferentes pedras, nas que irán gravadas liñas ou versos inéditos asinados por escritores e escritoras de diferentes países e diferentes linguas.

O proxecto será xa unha realidade no acto de inauguración do luns, coa instalación das tres primeiras pedras. Nelas leranse palabras de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. Está prevista a instalación progresiva dunhas 40 rochas en total. Nesta xornada inaugural estarán presentes Juan Viaño, reitor da USC; Martiño Noriega, alcalde de Santiago; Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Luz Pozo Garza, escritora; Marie Seamus, viúva de Seamus Heaney; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Suso de Toro, escritor e autor do proxecto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2018.