12.05.2023 | 09.00h-18.00h
Hospital Clínico Universitario
Biblioteca Concepción Arenal
Centro de Saúde Concepción Arenal
O estudantado e persoal docente e investigador do Grao de Enfermaría participa canda enfermeiras e enfermeiros da área sanitaria de Santiago nunha actividade de promoción da saúde

A Facultade de Enfermaría celebra o día internacional da especialidade o 12 de maio co establecemento de postos de control de saúde e promoción de hábitos de saudables que se espallan pola cidade para para achegar a profesión á poboación xeral e aumentar a súa visibilidade. Situaranse fronte á entrada do Hospital Clínico Universitario (das 9 ás 15 horas), na Biblioteca Concepción Arenal do Campus Vida (de 10 a 18 horas), e no Centro de Saúde Concepción Arenal (das 11 ás 18 horas).