Pasar al contenido principal

A USC acollerá o VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades neurodexenerativas

De esquerda á dereita, Jesús Rodrígo, José Luis Nogueira, Martiño Noriega, María Angeles Pérez, José Luís Labandeira
De esquerda á dereita, Jesús Rodrígo, José Luis Nogueira, Martiño Noriega, María Angeles Pérez, José Luís Labandeira
Reunirá máis dun cento de especialistas internacionais

Coincidindo coa semana en que se celebra o Día Mundial do Alzheimer, a Facultade de Medicina da USC acollerá do día 19 ao 21 o VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas-CIIIEN que reunirá a máis dun cento de expertos internacionais. A raíña dona Sofía presidirá a sesión inaugural o mércores.

Organizado pola Fundación Reina Sofía, a Fundación CIEN e CIBERNED, o VI Congreso CIIIEN é un foro de intercambio sobre os principais avances na investigación e tratamento de Alzheimer, Parkinson, Huntington e outras enfermidades neurodexenerativas. O programa conta colaboración do Concello de Santiago. Entre os diversos especialistas que participarán atópanse os profesores Ángel Carracedo polo seus traballo na busca de xenes involucrados nestas doenzas e José Luís Labandeira-García.

O congreso presentouse este luns nun acto no que participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez; a directora Xerente da Fundación CIEN (Fundación Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas), María Ángeles Pérez Muñoz; o catedrático de Medicina e coordinador do CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas) na USC, José Luís Labandeira García; o director de CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e otras demencias), Jesús Rodrígo, e o secretario da Fundación Reina Sofía, José Luis Nogueira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.09.2018.