Pasar al contenido principal

Sesión Ordinaria do Claustro Universitario

12.05.2023 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Convocada ás 9.30 horas, a sesión ordinaria do Claustro desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Dereito

Votacións no claustro. FOTO: Santi Alvite
Votacións no claustro. FOTO: Santi Alvite

O venres 12 de maio haberá unha nova sesión ordinaria do Claustro Universitario nao Salón de Actos da Facultade de Dereito.

Convocada ás 9.30 horas en primeira convocatoria, 10 horas en segunda, a súa hora estimada de remate é ás 15.00 horas e, de ser necesario, continuarase entre as 16 e as 20 horas.

Entre os temas da orde do día figura o informe do valedor da comunidade universitaria do curso 2021-22, a elección de membros da Comisión de Internacionalización, o informe de xestión do período 2019-2022, e o informe do reitor. O encontro concluirá cunha rolda aberta de intervencións. 

A sesión poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2023.