O vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa, abrirá o acto académico.

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) acollerá o acto de graduación décimo sétima promoción do Mestrado en Enxeñaría Ambiental da USC.
O acto de graduación celebrarase o venres 12 de maio de 202e ás 17.00 horas no Salón de Actos do centro e contará coas intervencións de Gumersindo Feijoo Costa,
vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC; Julia González Álvarez, directora da ETSE; Francisco Omil Prieto, coordinador do Mestrado Universitario en Enxeñaría Ambiental: Alberto Rojo Alboreca, padriño académico desta promoción; Natalia Nogueira López, directora en INOVA (Inovalabs Digital) e madriña de empresa da promoción; Leticia Rodríguez Hernández, directora de Desenvolvemento Sostible de ViAQUA, a empresa patrocinadora da titulación e de Cristian Vivián Fernández,
en representación do estudantado.