Pasar al contenido principal

A votación para elixir representantes no comité de dirección da EDIUS desenvólvese este martes 16

A proclamación provisional das candidaturas electas producirase o 22 de maio, mentres que a definitiva será o día 31 do mesmo mes. FOTO: Santi Alvite
A proclamación provisional das candidaturas electas producirase o 22 de maio, mentres que a definitiva será o día 31 do mesmo mes. FOTO: Santi Alvite
Entre as 9.00 e as 19.00 horas e a través da aplicación electoral pode participarse nos comicios
Lugo, Santiago de Compostela

A elección de representantes no comité de dirección da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) desenvólvese este martes 16, de 9.00 a 19.00 horas, a través da aplicación electoral.  

A elección abrangue persoal docente e investigador vinculado a programas de doutoramento adscritos á EDIUS, estudantado matriculado nos programas de doutoramento adscritos á EDIUS e persoal de administración e servizos que desenvolve a súa actividade neste centro da USC. A proclamación provisional das candidaturas electas producirase o 22 de maio, mentres que a definitiva será o día 31 do mesmo mes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.05.2023.