O biólogo da Universidade Nacional Autónoma de México Raúl Francisco Pineda López imparte esta conferencia

O venres 26 de maio, ás 13.00 horas, a Aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia acollerá a conferencia 'Xestión territorial por concas hidrográficas: unha alternativa para o futuro de México'.
Raúl Francisco Pineda López, biólogo da Universidade Nacional Autónoma de México, ofrece este relatorio ao abeiro do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE. Pineada López é experto en xestión e manexo de concas hidrográficas e conservación dos ecosistemas acuáticos. Biólogo e mestre en Ciencias Pola UNAM e doutor en Ciencias Biolóxicas pola Exeter University, é profesor-investigador na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), na Universidade Juárez Autónoma de Tabasco na e Universidade Autónoma de Querétaro.