Pasar al contenido principal

Xornada sobre produtividade micolóxica en piñeirais galegos

06/06/2023 - 9.30 horas

A sesión demostrativa organizada polo grupo de investigación UXAFORES da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC no marco do grupo operativo Cogomelos+ desenvolverase o 6 de xuño no monte veciñal de Serragorda, no concello de Begonte

Desbroce dun piñeiral
Desbroce dun piñeiral

O grupo de investigación Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (UXAFORES) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebrará o vindeiro 6 de xuño unha xornada demostrativa sobre incremento produtividade micolóxica en piñeirais de Galicia no marco do grupo operativo Cogomelos+. Esta actividade formativa e de divulgación, desenvolverase, en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas, en diversas localizacións do monte veciñan en mancomún Serramoura do concello de Begonte. As persoas interesadas en participar nesta xornada poden formalizar a súa inscrición no formulario habilitado en liña.

O obxectivo desta sesión práctica pasa por presentar aos axentes potencialmente interesados as principais actividades que se están a levar a cabo no marco do proxecto de innovación Cogomelos+, unha iniciativa a través da que se pretende mellorar a produtividade micolóxica en piñeirais, asegurando a súa compatibilidade coa produción madeira.

O evento comezará coa presentación dos obxectivos do grupo operativo Cogomelos+, a cargo de María José Lubián, de Feuga. Ao remate desta intervención, Julián Alonso e Javier Pereira-Espinel Plata ofrecerán cadanseu relatorio sobre os principais grupos e especies de fungos macromicetos en piñeirais e respecto da produción micolóxica. Os proxectos de ordenación e modelos silvícolas en Pinus Radiata, así como os tempos de desbroce, centrarán as intervencións de técnicos da empresa Servitec Medioambiente, que tamén fará unha exhibición de traballos de desbroce manual e mecanizado. O catedrático da USC Roque Rodríguez Soalleiro pechará a xornada cunha exposición sobre a produtividade en madeira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2023.