10.06.2023 | 18.00h
A decana da Facultade, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, a directora de fotografía Lucía Catoira, o guionista e docente Raúl García e o músico Nuno Pico e exercen como madriñas e padriños da promoción.

A promoción do 2019-2023 de estudantes en Comunicación Audiovisual celebra o sábado 10 de xuño o seu acto de graduación. O evento desenvolverase a partira das 18.00 horas no Auditorio da Facultade e contará coas intervencións de representantes do estudantado e das madriñas e padriños da promoción: a decana do centro, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, o guionista e docente Raúl García, a directora de fotografía, Lucía Catoria Pan (que intervirá a través de vídeo) e o músico Nuno Pico, integrante de Grande Amore e estudante egresado do centro.