O iMATUS renova a Certificación ISO 45001:2018

Deste xeito, o Instituto de Materiais convértese nun dos poucos centros de investigación de Galicia que contan co Certificado do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo
Santiago de Compostela
A sede do Instituto de Materiais da USC (iMATUS) acaba de renovar a Certificación ISO 45001:2018, que o acredita como uno dos poucos centros de investigación de Galicia que contan co Certificado do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo.
En concreto, a certificación abrangue actividades de investigación, desenvolvemento, innovación e formación técnica en materiais cerámicos, materiais metálicos e rochas industriais. Tamén abarca a realización de ensaios fisioquímicos e a determinación de propiedades físicas en materias cerámicos, materiais metálicos e rochas industriais.