Pasar al contenido principal

Seminario

'A construción dunha ollada fotográfica dende Galicia'

22.06.2023 | 10.00h-23.30h

Santiago de Compostela
Auditorio

Este seminario, promovido polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, enmárcase no primeiro 'I Encontro de fotografía documental contemporánea galega'

'A construción dunha ollada fotográfica dende Galicia'
'A construción dunha ollada fotográfica dende Galicia'

O seminario 'A construción dunha ollada fotográfica dende Galicia' arrancará o xoves 22 de xuño ás 10.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación. A coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, dará apertura á sesión matinal que, baixo o título 'Documentalismo fotográfico: percorridos e métodos', incluirá as conferencias de Xosé Luis Suárez Canal, Olívia Marqués da Silva e Anna Turbau.

Á sesión da tarde, co lema 'Novas olladas na fotografía actual', comezará ás 16.00 horas e contará coas presentacións de Delmi Álvarez, Carla Andrade e do Colectivo Ollo. 

A inscrición no seminario é de balde e está aberta ata o propio 22 de xuño no formulario habilitado pola organización do evento.  O programa completo está dispoñible en liña. 

Este proposta formativa xorde ao abeiro do 'FX. Ollos para Ver. I Encontro de Fotografía Documental Contemporánea Galega' que, organizado polo GEA, inclúe unha serie de actividades que teñen como cometido achegar fotografía documental galega ao eido universitario, da man dunha extensa lista de profesionais do ámbito. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2023.