Auditorio Veterinaria
O reitor da USC, Antonio López, preside este mércores, a partir das 17.30 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria, unha sesión na que se prevé a participación duns 120 estudantes de toda Galicia

O reitor da USC, Antonio López, preside este mércores, a partir das 17.30 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, o acto de recoñecemento ao alumnado de Formación Profesional que tomaron parte na pasada edición da Abau en Galicia logo de completar ciclos formativos superiores cunha nota media de sobresaínte.
A secretaria Xeral da USC, Dulce García Mella; o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López; a delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera; o delegado do reitor para Ensino Medio, Celso Rodríguez, a directora Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández; o deputado provincial Pablo Rivera Capón, e unha representación do Concello de Lugo tamén tomarán parte no acto a través do que a USC recoñece o mérito dos mellores expedientes de Formación Profesional. A organización deste evento agarda a participación duns 120 titulados superiores que completaron ciclos de Formación Profesional en Galicia.