14.06.2023 | 18.00h
Un filme de Paco Plaza

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 14 de xuño ás 18.00 h a proxección do filme La abuela (2021), do cineasta valenciano Paco Plaza.
O pase, que será presentado pola profesora da Facultade de Filoloxía Laura Lojo, terá lugar no Salón de Actos do centro e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.