Pasar al contenido principal

Entrega de premios e diplomas da Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos

15.06.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela

Os galardóns diríxense a estudantes de Ensino Secundario e Bacharelato de Galicia

A Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos distingue os traballos de estudantes de Ensino Secundario e Bacharelato de Galicia. FOTO: Santi Alvite
A Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos distingue os traballos de estudantes de Ensino Secundario e Bacharelato de Galicia. FOTO: Santi Alvite

O xoves 15 de xuño ás 17.00 horas terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e diplomas dos concursos organizados no ano 2023 pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos  en colaboración co Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana e o grupo de investigación Estudos Clásicos e Medievais da USC e que se dirixen a estudantes de Ensino Medio e Bacharelato da contorna galega.

A XVIII edición do concurso de cultura clásica 'Odisea 2023' congregou este ano 774 estudantes de 43 centros distintos.  Nel, o equipo 'ΝΕΦΟΣ'  do IES DE Valga fíxose co primeiro premio, mentres que o segundo posto recaeu no equipo 'As Apolonias', do IES Val Miñior de Nigrán, e o terceiro foi para o equipo 'APA' do IES Río Miño en Rábade.

Ao tempo, a VIII Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos 2023, que distingue as categorías de 'Lingua grega' e 'Lingua Latina', contou coa participación de 91 estudantes procedentes de 29 centros distintos. Na primeira das modalidades, os premios foron para Yeray Muñiz Tanoira, do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, que acadou o primeiro posto; Celia Arcos Resúa, do IES Félix Muriel de Rianxo, que recibiu o segundo dos galardóns; e Yago López Romero, do IES Agra de Raíces de Cee, que ficou en terceiro lugar. A modalidade de 'Lingua latina', distinguiu os traballos de Samuel Botica Fuentes, do IES Valle Inclán de Pontevedra, que obtivo o primeiro posto; Abel Rodríguez Ferreirós, do IES Félix Muriel de Rianxo, que ficou en segundo lugar; e Xiana Longueira Alonso, do IES Sar de Santiago de Compostela, que se fixo co terceiro dos galardóns. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.06.2023.