Pasar al contenido principal

VIII edición

'Inside the lab'

30.06.2023 | 10.00h-14.00h

A xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS procura achegar as infinitas posibilidades da IA a empresas, sector público e organizacións

VIII edición do 'Inside the lab'
VIII edición do 'Inside the lab'

Empresas, sector público e organizacións en xeral volverán coincidir na mañá do venres 30 de xuño no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) para descubrir as tecnoloxías máis recentes no ámbito de actuación deste centro. En concreto, o evento contará cun total de dez demostradores (oito tecnoloxías e dúas spin-off) en avanzado estado de madurez, listas para a súa transferencia á industria e á sociedade. Tecnoloxía propia que os investigadores do CiTIUS explicarán na oitava edición do Inside the Lab dende un punto de vista dinámico con explicacións e exemplos prácticos funcionando en tempo real.

Nun momento histórico para a investigación neste campo, o centro escolleu este ano o lema 'infinitas posibilidades' para a súa edición número oito. A idea alude directamente á multitude de opcións abertas na actualidade para a comunidade investigadora no ámbito da Intelixencia artificial (IA), animando á participación entre os distintos axentes do sector.

Entre as tecnoloxías intelixentes que poderán descubrir as persoas que se acheguen ao CiTIUS en Inside the Lab 2023 destacan, entre outras, circuítos e sistemas para IA, algoritmos para o cálculo de roteiros de escape en incendios forestais ou diferentes técnicas de visión artificial para a análise da calidade de produtos alimentarios, así como os últimos resultados das spin-offs Situm e Inverbis.

Ademais, as persoas visitantes poderán coñecer tamén os primeiros resultados do Proxecto Nós, a iniciativa máis importante desenvolvida nunca na área das Tecnoloxías da Linguaxe para a lingua galega. Neste eido, 'Inside the Lab 8' mostrará o funcionamento de tres ferramentas: un tradutor automático (o primeiro con tecnoloxía neuronal desenvolvido para o galego desde Galicia), un sistema de recoñecemento de voz e un sintetizador de voz (baseados tamén en Deep Learning ou ‘aprendizaxe profunda’).

O evento terá lugar nas instalacións do centro de maneira presencial o vindeiro venres 30 de xuño de 2023 entre as 10.00 e as 14.00 horas. Para participar, tan só é necesario cubrir a inscrición previa na web oficial da xornada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2023.