Pasar al contenido principal

XXXI Xornadas da Asociación da Economía da Educación

29.06.2023-30.06.2023

A Universidade de Santiago de Compostela convértese en 2023 en sede do encontro anual das Asociación de Economía da Educación (AEDE)

Facultade de CC. Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de CC. Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite

Do 29 ao 30 de xuño, a Facultade de Económicas da USC acolle a trixésimo primeira edición das Xornadas da Asociación da Economía da Educación, un congreso de carácter internacional que se desenvolve dende 1992 con periodicidade anual e que congregará en Compostela 80 investigadoras e investigadores de máis de 15 países.

As xornadas céntranse en espazos para a reflexión e o debate sobre o financiamento da educación, a planificación e a xestión, os problemas de equidade e eficiencia, o capital humano, o crecemento económico e os indicadores de calidade da educación, entre outros. Abordarase o papel da educación no ámbito económico e social dende diferentes puntos de vista. A conferencia conta con dous relatores invitados: Caterina Calsamiglia investigadora no Instituto de Economía Política e Gobernanza (IPEG) e investigadora asociada no Centre for Economic Policy Research e Stefan Wolter director Xeral do Centro Suizo de Coordinación da Investigación en Educación e Catedrático de Economía da Universidade de Berna.

O programa completo de sesións está dispoñible na web oficial do encontro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2023.