O programa pecha a súa oitava edición co recoñecemento a 78 estudantes e 94 mentoras/es

A oitava edición do proxecto ‘Mentoring USC Desenvolvemento Profesional’ chega ao seu fin este venres 30 de xuño cun acto institucional que arrancará ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presidirá este recoñecemento no que se procederá á entrega de diplomas ás 78 persoas que conformaron esta promoción así como ás 94 mentoras/es que colaboración nesta edición do proxecto. En representación delas e deles tamén tomarán a palabra no acto lba Varela Rodríguez, alumna do Máster de Psicoloxía Xeral Sanitaria e participante na actual edición do P. Mentoring, e Julio Martínez Rumbo, xestor de proxecto no Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA) e mentor colaborador desta edición.
O proxecto ‘Mentoring USC Desenvolvemento Profesional’ pretende mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral do estudantado recentemente titulado, facilitándolles a posibilidade de establecer contacto con profesionais de grande experiencia na área profesional da que proveñen.