Auditorio Enrique González
O vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, abrirá o acto académico

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC celebra este sábado 8 de xullo, a partir das 11.00 horas, no auditorio do centro, o acto de graduación do alumnado que completou a súa formación de grao entre 2018 e 2023, unha sesión académica que estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López.
O decano do centro universitario lugués, Gonzalo Fernández; o tenente de alcaldesa de Dinamización Económica do Concello de Lugo, Mauricio Repetto; o deputado provincial Miguel Fernández; o presidente do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, Francisco Javier Balado Amado; a xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, María José Goméz, tamén tomarán parte nesta cerimonia.
As alumnas Patricia Fernández Caba e Paula Ibáñez Brotóns intervirán na cerimonia en representación da última promoción de titulados en Veterinaria, da que oficiará como padriño o profesor Pablo Díaz Fernández.