Pasar al contenido principal

Psicoloxía

Docentes: Mª Teresa Carrillo de la Peña; Onésimo Juncos Rabadán (Coordinador); Luz Leirós Lobeiras;  Arturo X. Pereiro Rozas ; Dolores Ponte Fernández;  Mauro Rodríguez Casal; Carmen Senra Rivera.

Introdución

Esta materia ofrece unha visión xeral da Psicoloxía en varios aspectos como son a súa historia e principais paradigmas, os procesos psicolóxicos básicos e os seus fundamentos psicobiológicos, o desenvolvemento psicolóxico, os procesos psicosociais e a psicopatoloxía. 

Obxectivos

  • Coñecer a historia da Psicoloxía e dos seus principais paradigmas
  • Coñecer os procesos psicolóxicos básicos e os seus fundamentos biolóxicos
  • Coñecer a Psicoloxía do ciclo vital humano
  • Coñecer os aspectos básicos da Psicoloxía social
  • Coñecer os aspectos básicos da Psicopatoloxía

Contidos

  1. Introducción xeral (Onésimo Juncos Rabadán, 2 horas).
  2. Historia da Psicoloxía (Luz Leirós Lobeiras, 4 horas).
  3. Psicoloxía Evolutiva: O ciclo vital humano (Arturo X. Pereiro, 4 horas).
  4. Psicobioloxía: Relacións entre o sistema nervioso e o comportamento (Maite Carrillo, 4 horas).
  5. Funciones psicolóxicas básicas: Atención, percepción, emoción, memoria, aprendizaxe, intelixencia (Dolores Ponte, 6 horas).
  6. Psicoloxía social (Mauro Rodríguez, 4 horas).
  7. Psicopatoloxía (Carmen Senra, 4 horas).

Avaliación (Coordinada por Onésimo Juncos, 2 horas). 

Metodoloxía

A exposición dos contidos teóricos acompañarase coa discusión en clase, favorecendo a participación activa do alumnado. Entregaranse diversos materiais para ser utilizados en clases ou para aclarar e completar os temas tratados. 

Sistema de avaliación

Avaliación continua da participación activa e sobre os traballos realizados (50%)

Proba escrita final consistente en desenvolver dous preguntas a elegir entre catro propostas (50%). 

Bibliografía básica

Hergenhahn, B.R. (2001). Introducción a la Historia de la Psicología. Madrid: Paraninfo.

Morris, Ch.G. & Maisto, A.A. (2011). Introducción a la Psicología. México: Pearson. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2023.