Introdución
Esta materia ofrece unha visión xeral da Psicoloxía en varios aspectos como son a súa historia e principais paradigmas, os procesos psicolóxicos básicos e os seus fundamentos psicobiológicos, o desenvolvemento psicolóxico, os procesos psicosociais e a psicopatoloxía.
Obxectivos
- Coñecer a historia da Psicoloxía e dos seus principais paradigmas
- Coñecer os procesos psicolóxicos básicos e os seus fundamentos biolóxicos
- Coñecer a Psicoloxía do ciclo vital humano
- Coñecer os aspectos básicos da Psicoloxía social
- Coñecer os aspectos básicos da Psicopatoloxía
Contidos
- Introducción xeral (Onésimo Juncos Rabadán, 2 horas).
- Historia da Psicoloxía (Luz Leirós Lobeiras, 4 horas).
- Psicoloxía Evolutiva: O ciclo vital humano (Arturo X. Pereiro, 4 horas).
- Psicobioloxía: Relacións entre o sistema nervioso e o comportamento (Maite Carrillo, 4 horas).
- Funciones psicolóxicas básicas: Atención, percepción, emoción, memoria, aprendizaxe, intelixencia (Dolores Ponte, 6 horas).
- Psicoloxía social (Mauro Rodríguez, 4 horas).
- Psicopatoloxía (Carmen Senra, 4 horas).
Avaliación (Coordinada por Onésimo Juncos, 2 horas).
Metodoloxía
A exposición dos contidos teóricos acompañarase coa discusión en clase, favorecendo a participación activa do alumnado. Entregaranse diversos materiais para ser utilizados en clases ou para aclarar e completar os temas tratados.
Sistema de avaliación
Avaliación continua da participación activa e sobre os traballos realizados (50%)
Proba escrita final consistente en desenvolver dous preguntas a elegir entre catro propostas (50%).
Bibliografía básica
Hergenhahn, B.R. (2001). Introducción a la Historia de la Psicología. Madrid: Paraninfo.
Morris, Ch.G. & Maisto, A.A. (2011). Introducción a la Psicología. México: Pearson.