Pasar al contenido principal

J. Méndez completa en Fonseca os seus retratos alegóricos

J. Méndez na montaxe da exposición de Fonseca. Foto: RQ
J. Méndez na montaxe da exposición de Fonseca. Foto: RQ
A exposición inaugúrase este venres 6 ás 20.00 horas

En abril de 2013 inaugurábase no Colexio de Fonseca a mostra ‘Retratos con Alegoría’ na que o artista J. Méndez, inspirado na iconografía do escritor renacentista Cesare Ripa sobre as virtudes, paixóns e vicios do ser humano desde a antiga Grecia, lle propoñía a corenta artistas que se identificase cunha das iconografías para ser retratado como tal.

Nesa primeira exposición os retratos alegóricos eran a tamaño natural e estaban acompañados por unha obra do artista representado na pintura, que consistía nunha interpretación persoal dun ovo de tamaño aproximado ao dunha avestruz.

Cinco anos máis tarde, Fonseca volve ser o escenario da exposición que completará o proxecto, que hoxe leva por título ‘Retratos Alegóricos’ e que pretende dar maior relevancia ao ovo, presente constantemente na obra de Méndez como elemento estrutural perfecto e con repercursións culturais de carácter universal. Nesta ocasión os retratos son de menor tamaño e a peza escultórica ten unha maior relevancia.

Para esta edición cóntase cos artistas Adriana Pazos Otón, Beatriz Suárez Saa, David Planas, Enrique Tenreiro, Florence Normier, Isabel Pintado, Iván Prieto, Mauro Trastoy, Jorge Agra, Joseba Muruzábal, Jorge Perianes, José Perozo, Julio Sanjurjo, María Piensos Linares, Miguel Peralta, Anne Michelle Mina, Montse Rego, Nando Pereiro, Nicolás Aller, Nito da Vila, Nove Noel, Nolo Suárez, Olmo Blanco, Oscar Aldonza, Patricia Iglesias, Seara, Soledad Penalta, Tono Galán, Tucho Ábalo, Vicente Prego, Xoana Almar, Xoan Guerreiro, Xurxo Mariño e Xurxo Oro Claro, que ademais de seren retratados exporán a súa particular visión do ovo.

A eles hai que engadir as esculturas dos e das artistas da edición de 2013 María Meijide, Soledad Mato, Mónica Fraga, Tita Fraga, Lomarti, Paparolo, Camilo Seira, Paco Pestana, Ramón Conde, Reina d’Hoore, Acisclo Manzano, J. Méndez, Andreas Ruiz, Mariano Casas, Vicente Ruiz, María Chenut, Lino Silva, Álvaro de la Vega e Sandra Abades. Engádense entre ambos proxectos Alfonso Ribero de Aguilar, Kukas, Cesar Lombera e Alberto Hortas.

A mostra pictórica de J. Méndez ‘Retratos Alegóricos’ inaugúrase este venres 6 ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca. Poderá visitarse ata o 15 de setembro de luns a sábado de 11 a 14.00 e de 17 a 20.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2018.